quienes-somos

Somos unha empresa transitaria con ampla experiencia no sector do transporte internacional. O noso avanzado sistema loxístico e a nosa rede de profesionais garanten un transporte multimodal eficaz e personalizado.

DELTACARGO foi creada no ano 1989 co firme propósito de orientar a nosa actividade como unha empresa provedora e integradora de solucións loxística ofrecendo distintos servizos de transporte aéreo, terrestre, marítimo, almacenaxe e distribución de mercancías, co que nos convertemos, co tempo, nunha organización líder na prestación deste tipo de servizos.

Tres son as claves do noso éxito:

1/ Satisfacción dos nosos clientes: unha estreita relación e compromiso cos nosos clientes permítenos manternos coma unha das empresas de transporte máis sólidas no mercado e poder ofrecerlles unha mellor xestión e redución de custes.

2/ O noso persoal: equipo altamente motivado no seu traballo e cunha firme actitude de servizo cara o cliente.

3/ Coordinación e traballo en equipo: ser transitario loxístico implica unha labor coordinada entre as diversas unidades de negocio e os demais procesos da empresa. Por iso poñemos moito énfase en capacitar ao noso persoal e proporcionarlle as ferramentas para adquirir as habilidades precisas para brindar un servizo de alto valor aos nosos clientes.

CO APOIO DE: [:cat]AMB EL SUPORT DE: