alianzas deltacargo

Deltacargo ten presenza nos máis importantes portos e aeroportos do mundo grazas a correspondentes e colaboradores directos. A nosa extensa rede de colaboradores permítenos optimizar custos e tempos para chegar a calquera destino que se precise.

MARCO DE TRABALLO PARA PROVEDORES

Como Operadores Económicos Autorizados, os envíos dos nosos clientes benefícianse de simplificacións aduaneiras e da nosa certificación como operadores seguros.

Neste contexto, buscamos relacións comerciais estables e duradeiras cos nosos provedores para que sexan unha extensión da nosa empresa e xuntos poidamos conseguir unha mellora continua nos servizos prestados.

Para acadar este obxectivo, pedimos aos nosos provedores que presten atención aos seguintes requisitos:

  • Compromiso para actuar de forma ética e íntegra respectando a lexislación laboral vixente e os dereitos humanos.
  • Responsabilidade, minimizando o impacto das nosas actuacións sobre o medio ambiente e estrito cumprimento da lexislación ambiental.
  • Tolerancia cero fronte á corrupción en todas as súas formas.
  • Profesionalidade e cualificación para prestar os servizos encomendados por DELTACARGO.
  • Rapidez e axilidade na xestión das mercadorías enviadas, repartidas, entregadas ou transportadas por orde de DELTACARGO.
  • Protección fronte ao acceso o manipulacións non autorizadas durante a produción, almacenamento, preparación, carga e transporte das nosas mercadorías.
  • Almacenaxe, preparación e carga en instalacións seguras.
  • Confidencialidade e cumprimento da lexislación en materia de protección de datos
  • Información directa e puntual sobre os servizos prestados.

CO APOIO DE: [:cat]AMB EL SUPORT DE: